martes, 22 de mayo de 2012


A romaría de Cunqueiro

A vida e obra do xenial escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro segue a ser actualidade logo de que, no pasado ano, celebraramos o centenario do seu nacemento.
Desta volta é o investigador Xosé Antonio López Silva quen nos sorprende coa recuperación dun nutrido feixe de artigos periodísticos en castelán nos que Cunqueiro recala nos eidos do relixioso e mesmo do haxiográfico.
A compilación destes traballos leva o descritivo título de De santos y milagros e foi publicada pola Fundación Banco Santander na súa colección Obra Fundamental, que xa acollera obra doutros significados autores de todo o Estado.
O volume de López Silva amósase como unha moi interesante selecta, por canto pon por xunto pezas xornalísticas que permanecían arrombadas no faiado do esquecemento para todos, mesmo para os especialistas. É o caso da ducia de haxiografías e os sete relatos de tema relixioso que publicou Cunqueiro na revista Catolicismo entre os meses de xullo de 1945 e novembro de 1946, valiosos non só polo seu relevo literario, senón porque, amais, serven para demostrar que o mindoniense, lonxe do que durante tempo se pensou, non deixou a escrita de colaboración periodística naqueles anos, toda vez que lle fora retirado o carné de xornalista pola Delegación Nacional de Prensa o 24 de xuño de 1944.
Ademais destes textos de Catolicismo, López Silva reúne baixo o criterio temático do relixioso e/ou haxiográfico moitos outras breves colaboracións de Cunqueiro, sobre todo recollidas do Faro de Vigo, onde apareceron ao longo dos anos sesenta e setenta ducias destes escritos, principalmente na serie ‘El envés’ —que logo, como é ben sabido, sería peneirada polo de Mondoñedo para un seu libro homónimo de 1969—, mais tamén noutras de menor duración como ‘Imaginaciones del Camino’, ‘A vuelta de hoja’ ou ‘Correo sin fecha’, asinados todos co seu nome, agás un número pequeno deles que apareceron baixo o pseudónimo de Manuel María Seoane ou Álvaro Labrada.
Alén dos artigos de Catolicismo e Faro de Vigo, esta antoloxía de López Silva incorpora outros publicados antes, durante ou xusto despois da guerra civil española en cabeceiras como Era AzulLa Voz de EspañaABC ou Misión, aos que aínda habería que sumar uns poucos máis recollidos nos anos setenta de La Vanguardia Española e El Noticiero Universal.
O resultado son case cento e medio de extraordinarias creacións cunqueirianas nas que, como se un asistise a unha ucrónica romaría, descubrimos o pulo misioneiro de Frei Rosendo Salvado no país de Kangarooland, admiramos a inspiración alfabético-divina de San Metodio e San Cirilo, marabillámonos das milagreiras capacidades de San Patricio e das súas falas con toda canta flora e fauna a el se achegaba, sabemos do destino último da Saba Santa ou o sagrado cáliz, entendemos a mixtificación de Santa Úrsula e Once Mil Virxes, coñecemos cales son os santos todos dacabalo e, xaora, regresamos aos moitos artigos que o mindoniense dedicou a santidades para el predilectas nas súas festividades, como as de San Lucas, San Froilán, Santiago Apóstolo ou San Xurxo, entre outras.
De santos y milagros conta con dous ensaios introdutorios. Un deles (“La melancolía de la ficción”) débese a César Antonio Molina, quen propón unha revisión do global da obra do mindoniense interpretándoa á luz dun filtro melancólico, procurando asimilar a complexidade do seu universo creativo dende a óptica da rememoración saudosa e da comprensión do fenómeno humano a través dese ollar desposuído, de desigual loita entre o real e o fantástico, que en Cunqueiro habitaba.
O outro traballo introdutorio, “Álvaro Cunqueiro, su obra vital y literaria”, é un longo repaso aos principais socalcos biobibliográficos do autor de Merlín e familia. Nel, López Silva tenta explicar a actitude autorial do de Mondoñedo en cada momento da súa vida, contextualizala para que mellor se interprete e, alén diso, ofrece tamén unha cumprida análise da súa produción ensaística de tema relixioso e/ou haxiográfico, demostrando a importancia que este tipo de literatura tivo sempre na súa traxectoria.
De santos y milagros constitúe unha moi meritoria achega, posto que, ao tempo que recupera e pon ao alcance do lector ducias de textos descoñecidos e de non doado acceso, posibilita tamén unha nova ollada analítica á escrita literaria do mindoniense. Neste sentido, o traballo de Xosé Antonio López Silva merece saudarse con aplauso, pois, fóra dalgunhas inexactitudes e datos errados que se deslizan aquí e acolá ao longo do seu estudo introdutorio, non cabe dúbida de que fornece ao interesado na obra de Cunqueiro dunha escolma de primeira orde e soubo moi ben presentar e explicar a fascinante maxia de sabedorías e imaxinacións infindas coas que o mindoniense, señor das palabras, seguirá a aglaiar por séculos.
[Publicado nos xornais El Ideal GallegoDiario de FerrolDiario de Arousa e Diario de Bergantiños, 20-5-2012]
Armando Requeixo 

lunes, 7 de mayo de 2012


«En Mondoñedo hay gente muy curiosa, casi todos (me incluyo)»


En todos los pueblos hay personajes y cada uno ve a los personajes de su pueblo como seres únicos, sostiene Carlos Díaz de Pablo (Madrid, 1966). «Pero creo que en Mondoñedo hay más personajes que en otros pueblos, gente extraordinariamente curiosa. En general, y me incluyo, es un poco curioso todo el mundo, no sé cómo explicarlo». A su padre, Pablo Díaz Juárez, veterinario, le destinaron a Mondoñedo en 1976; él tenía nueve años y ganó a un tiempo un pueblo y la libertad: «La integración fue muy fácil y rapidísima. En aquellos años todo el mundo estaba en la calle a todas horas (la población casi duplicaba la actual), en contraste con la vida de la ciudad».
El flamante pregonero de As Quendas apenas recuerda sus primeras ferias de As San Lucas, más allá de lo sorprendente que resultaba «aquella marabunta de gente». Como buen mindoniense lo asimiló en seguida como parte de su paisaje vital. Del IES San Rosendo, donde estudió, guarda buen recuerdo de Puchades, aunque lo suyo, dice, nunca fue el dibujo, o del profesor de Física, Palacios. «Mi intención, de siempre, era hacer Biológicas, pero el año que acababa COU empezaron la facultad de Veterinaria en Lugo», explica, y decidió seguir los pasos de su progenitor.
Durante la carrera, en vacaciones, le acompañaba, y nada más terminar empezó a cubrir sustituciones. Siempre ha estado ligado a la universidad, colaborando con el área de reproducción y obstetricia de Veterinaria. Durante cuatro años trabajó en la Granja Gayoso Castro, de la Diputación de Lugo, en un programa experimental para crear un rebaño de vacas (de carne y de leche) donantes de embriones. Y su tesis giró en torno a la transferencia de embriones en vaca rubia gallega.
El fin de su contrato coincidió con la jubilación de su padre. «Y mientras buscaba otra cosa, estuve seis años trabajando en Mondoñedo», cuenta, como veterinario clínico, «el que hace de todo, inseminar, atender una vaca enferma, un parto...». Los dos primeros años no paró, con servicios diarios de 24 horas, para afianzar la clientela, -«cuántas veces acababas de llegar a casa por la noche y tenías que salir a las carreras»- y después empezó a turnarse en las guardias con un compañero de Alfoz y otro de Lourenzá.
En 2001 pasó a gestionar el programa de reproducción de la Asociación de Raza Rubia Gallega (durante su estancia en Mondoñedo realizaba una función similar en una cooperativa de ganaderos de leche de A Pastoriza, con la que continúa trabajando). Y ahora se encarga, además, del control reproductivo en otra empresa.
Recién nombrado académico
Carlos ingresó este año en la Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, en la sección de medicina veterinaria. «Yo puedo aportar, sobre todo, una visión muy cercana al campo y al trabajo diario directo de un veterinario». Este mindoniense ha ejercido en un 70% de la provincia de Lugo, en algún tiempo en cuadras a las que se accedía a través de la lareira de la vivienda, durante su etapa en Mondoñedo; y ahora en explotaciones de 100 o 200 reses, con ganaderos «muy, muy profesionales y muy preparados» lo que, subraya, «cura la titulitis, si la padeces», y le obliga a mantenerse al día «para, al menos, ir a la par de ellos». «A mí me gusta este trabajo porque es la forma de estar activo», reconoce.
Este veterinario mindoniense ensalza a los ganaderos que, «en una situación al límite de la supervivencia, asfixiados, están haciendo una apuesta impresionante y son capaces de endeudarse y apostar por el futuro». Alude a profesionales que se han unido para compartir instalaciones, reducir costes y ganar calidad de vida -«de otro modo tienen 365 días de esclavitud absoluta»-. Y asegura que ya no hablan de «la Mareliña», sino de animales «rentables o no». «Hacen una evaluación del coste-beneficio y si una vaca no se paga la estancia en la explotación, se elimina». Él también contribuye, con su labor, a dignificar un sector «olvidado».

domingo, 6 de mayo de 2012

06-05-2012

Diante da carroza víase un escudo pintado cos principais elementos do escudo de Mondoñedo

Os maios en Mondoñedo. ano 1936

)
 
Os maios en Mondoñedo. ano 1936

Este ano correu a organización dos “Maios” a cargo da Rondalla “El Eco” dirixida polo popular perruqueiro da Fonte Vella, Manuel Ledo, “O Pallarego”.                

A carroza deste ano foi construída polo carpinteiro Ricardo Otero, coñecido na comarca de Mondoñedo polo nome de “O Pinto” e ía adornada con mirto, ramas de Pravia, copos de neve e outras flores, en un “chasis”.                 

Esta representaba unha gran Margarita, en cuxo centro aparecía o Maio, en traxe de Rei e ós lados e diante víanse dez nenas  co antigo traxe deste val, levando na man dereita un fermoso ramo de flores.                 

Diante da carroza víase un escudo pintado cos principais elementos do escudo de Mondoñedo, o seu cáliz coa hostia encima e tres cruces a cada lado.                 

Fixo de Maio o neno Antoniño Castro e as nenas que o acompañaban eran: Vilma Leivas, Carmencita Salgueiro, Aurorita Redruello, Esther Otero, Ileana Otero, Lourdes Paz, Priscila Castro, Carmencita Sandamil e Esperancita Seco.                 

Coa carroza ían corenta nenos  que formaban o coro infantil da rondalla, tocados con monteiras, despois o resto dos nenos do povo e numerosas persoas maiores.                 
A comparsa organizouse no patio da casa de Luaces, nunha  de cuxas dependencias se construíu a carroza.                 

A comparsa saíu as catro da tarde, precedida do gaiteiro das Casas Novas, percorrendo todas as rúas e prazas  da cidade, chegando o barrio de San Lázaro.                 
Neste maio colaboraron os mozos poetas, Álvaro Cunqueiro e Xosé Díaz Xácome con unas fermosas composicións.               

De Álvaro Cunqueiro son: “Romanciño de Don Mayo” e “Regueifa de todo o tempo”. A de Xácome titulase: “Cantiga de Don Mayo”.               

“Cantiga de Don Mayo” e “Romanciño de Don Mayo” foron cantadas polo coro de nenos.             

A “Cantiga de Don Mayo” dí:   
No tambor de lúa     
tocan as estrelas     
Anuncian gozosas     
visperas de festa.     
Por ledos camiños o     
Adianta Don Mayo     
Trai nos verdes ollos     
Brincos de páxaros.     
Verbas de namoro     
lle dicen as fontes     
aromas e soños     
lle ofrecen as froles.     
No bico do vento     
ven chegar aviña     
Don Abril prestoulle     
Azas de anduriña.       

E “ Regueifa de todo o tempo”.    
“En feira de mil colores     
a gaita andaba a brincar     
Maio bailaba con todas     
garrido  do bon bailar”.       

Todos os meses do ano     
envexa lle teñen ben     
Iles nin bailan nen ríen     
Que a palma Don Maio a tén.                 

O Maio anunciouse por medio de grandes carteis orixinais, colocados en distintos escaparates, e feitos pola man do mozo Ramón Prieto, membro da Rondalla. Tamén se imprimiron unhas follas, nas cales se publicaron varias poesías entre elas as que se cantaron.               

Ademais do Maio do “Eco” houbo o Maio tradicional, organizado e dirixido por nenos. Vestíronse no Río do Sixto, ó lado do bosque de Silva, con ramas de Pravia e flores e como premio recolleron moitas castañas, noces e algunhas “perras”.               

Este Maio para animar os veciños a darlles agasallos, cantaban as seguintes coplas:       

“ Dianos as mayolas     
Señor Capitán     
Dianos as mayolas     
D’a hucha d’o pan     
Levántate, Mayo     
Que tanto dormiche;     
Xa pasou o burro.     
E ti non-o viches. 

jueves, 3 de mayo de 2012

Comite Bretaña-Galicia

Desde Bretaña:

Amigas, Amigos de Galicia, les pedimos ayuda. 
Estamos trabajando sobre las relaciones que mantuvieron Alvaro Cunqueiro y Polig Monjarret para desarollar las músicas tradicionales tanto en Galicia como en Bretaña. Es un trabajo de “recolleita” para dar a conocer la obra de los dos. En 1964, Alvaro Cunqueiro viajó a Bretaña para encontrar Monjarret (foto: en Locronan), el cual hizo varios viajes a Galicia donde presentó su obra “Toniou Breiz Izel”. La mayor consecuencia de sus entrevistas fue un desarrollo de los intercambios musicales. Por ejemplo el bagad (banda bretona) de Lann Bihoué tocó en Vigo en 1964. El bagad de Vannes también. Pero no tenemos huellas de todo esto. Así que les pedimos ayuda: si tienen recuerdos, fotos, recortes de prensa o todo documento permitiendo realizar nuestro proyecto, de antemano muchas gracias. Pueden contactarnos a la dirección: bretagne.galice@gmail.com Pierre Joubin Presidente de Bretagne-Galice.