O tanatorio móbil chega a Galicia
Viernes, Mayo 16th, 2008O bo que ten o invento, que seica arrasa en Castilla e León, é que podes chantar o tanatorio ó mesmo lado da igrexa, polo que ten marabillados ós avós, sempre tan teimudos á hora de subir ó tanatorio, por ser cousa de xente moderna con coche. Por iso, eles, que sempre soen agardar a dar o último adeus ó veciño de turno na igrexa, agora xa poden velalo alí mesmo, pois a funeraria sempre instala o remolque onda o cemiterio (prácticos, non vos parece?) Ademais, o velatorio seica non envexa nada ós establecementos tradicionais, pois ten dende aseos a máquina de café, vamos, o imprescindible logo do túmulo para o difunto. (more…)
No hay comentarios:
Publicar un comentario