A Pena que fala
Por onde ía o camiño vello cara á Estelo, en Zoñán, mesmo debaixo de onde lle din O Morollo, hai unha pena que fala, e que pode engulir mozos e nenos. Cando andaban por alí os nenos coas vacas tiñan que ter moito coidado con esta pena porque se falaba e lle escoitaban dicir: -Abréte pena e come este neno. A pena abríase e engulía o neno para sempre. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario