Unha pedra que ri
Unha pedra que puxo de lareira un veciño da parroquia de Masma, se queimaban loureiro enriba dela, estouraba e regañaba coma rindo. |
BIBLIOGRAFÍA FONTE: Lence-Santar y Guitián, E.; “Folklore gallego” en Mondoñedo, p. 3, 15-4-1945. |
Unha pedra que fala
A mediados do século XIX había nunha terra da parroquia de Masma, unha pedra que se usaba pora poñer enriba da grade. Como era moi ben feita, o dono da terra levouna para a lareira da cociña. Un día queimaron loureiro enriba dela e a pedra falou: —¡Lévame para onde estaba! Obedecéronlle e volvérona para a terra onde a atoparan. |
BIBLIOGRAFÍA FONTE: Lence-Santar y Guitián, E.; “Folklore gallego” en Mondoñedo,páx. 3, 15-4-1945. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario