sábado, 4 de febrero de 2012


Que boas son as fotos e cantos recordos lle traen a xente!
Cando lles ensinei esta foto os meus avós o primeiro que dixo meu avó foi "Mira un camiño onde se apexaban as bestas", pois seica estes camiños fondos eran idóneos para ese traballo xa que botando a besta contra o valado un podia aguantala e outro colocarlle a pexa ou piega sen ningunha dificultade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario