jueves, 14 de julio de 2011

De Walt Whitman: Unha folla de herba
Amante son das cousas pequenas que pasan desapercibidas, desas que inxustamente moitas veces esquecemos, desas que só botamos en falla cando xa non están.

Mentres pensaba nisto lembrei un fermosísimno poema de Walt Whitman:

I believe a leaf of grass is no less than the journey-work of the stars,
And the pismire is equally perfect, and a grain of sand, and the egg of the wren...



Creo que unha folla de herba, non é menos
que a xornada laboral das estrelas,
e que unha formiga é perfecta,
e un gran de area,
e o ovo dun paxaro,
son igualmente perfectos,
e que a ra é unha obra mestra,
digna dos escollidos,
e que a silveira podería adornar
os salóns do paraíso,
e que a articulación máis pequena da miña man
avergoña as máquinas,
e que a vaca que pace, coa súa cabeza baixa,
supera todas as estatuas,
e que un rato é miragre abondo,
como para facer dubidar,
a seis trillóns de infieis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario