miércoles, 8 de junio de 2011


Castro de Zoñán

Neste castro de Zoñán, apareceron moitas cousas, entre elas un puñal, cachos de barro, muíños, moedas e unha ola de barro tan grande que collía unha persoa dentro dela.
Aló polo 1920 os nenos da escola de Zoñán foron celebrar os Maios a Mondoñedo e levaron dentro da ola de barro unha nena duns doce anos. Despois quedouse con ela un de Mondoñedo e xa non se soubo máis da ola.
No sochán da croa do castro de Zoñán viven os mouros. Son ricos coma cochos, gardan fortunas inmensas nos seus pazos aterrados e teñen cabalos que levan a beber de noite por un túnel que vai desde a croa ata o rego que pasa cabo da igrexa de San Cristovo. Hai que víu fumegar as chemineas das súas casas soterradas por entre os felgos e as queirogas da tona da terra.
 

E hai, soterrado, un xogo de bolos, con lastra e todo, feito de ouro. Cando trona dise que están xogando ós bolos os mouros do castro de Zoñán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario