martes, 21 de junio de 2011


O tanatorio móbil chega a Galicia

Viernes, Mayo 16th, 2008
Unha empresa familiar de Cuntis, Funeraria Pombo Lourido, presta dende hai uns meses en Galicia o novidoso servizo de tanatorio móbil, un velatorio montado no remolque dun tráiler que fai que o último adeus ós mortos sexa un pouco máis acolledor, e orixinal, que nos tanatorios tradicionais. A estructura quecustou uns 400.000 euros, aí é nada, e para descontar a forte inversión, na que contaron cunha pequena subvención da Xunta, anúncianse na radio con cuñas que parecen incitar a un a morrer para ter un velatorio moderno. Ademais, a filla dos donos da funeraria non ten prexuizo algún en posar para varios medios tal azafata de ‘Un, dos, tres’ para promocionar o tanatorio (véxase a foto).
O bo que ten o invento, que seica arrasa en Castilla e León, é que podes chantar o tanatorio ó mesmo lado da igrexa, polo que ten marabillados ós avós, sempre tan teimudos á hora de subir ó tanatorio, por ser cousa de xente moderna con coche. Por iso, eles, que sempre soen agardar a dar o último adeus ó veciño de turno na igrexa, agora xa poden velalo alí mesmo, pois a funeraria sempre instala o remolque onda o cemiterio (prácticos, non vos parece?) Ademais, o velatorio seica non envexa nada ós establecementos tradicionais, pois ten dende aseos a máquina de café, vamos, o imprescindible logo do túmulo para o difunto. (more…)

No hay comentarios:

Publicar un comentario