martes, 7 de junio de 2011

O VENTO QUE VEN DE MEIRA


Cando as nubes veñen do mar
colle o arado e ponte a labrar
Cando as nubes veñen de Meira
Colle a sella e ponlle a guteira

Variante

Cando o vento ven do mar
colle o arado e ponte a labrar
Cando o vento ven de Meira
 
colle a sella e ponlle a guteira

Observacións: O vento de Meira é coñecido como Vendaval i é o que trae a auga tal e como sinala o dito. Meira como referencia do vento aparece tamén na obra de Alvaro Cunqueiro "Merlín e familia". Cando fai a descripción inicial de Miranda escribe: "Cando corría vento de Meira eu tíñame porque ouvía as badeladas dos mazos dos ferreiros" situando a mítica Miranda do Merlín sen dúbida en Riotorto. Onde se non se escoita o petar dos ferreiros cando o vento ven de Meira?

No hay comentarios:

Publicar un comentario