miércoles, 8 de junio de 2011


Lembranzas II (Mondoñedo no cine), de Zalo García

LEMBRANZAS II (MONDOÑEDO NO CINE)



de Zalo García, el Sábado, 07 de mayo de 2011 a las 14:46
Nesta ocasión quixera vou a relatarvos o que aconteceu en Mondoñedo
Aló a finais do verán do 1972, por suposto que estos relatos están baseados únicamente nas miñas lembranzas de aqueles momentos, cecais outra xente os teña presentes de outro xeito distinto.
Desplazouse a nosa cidade un equipo de cine para poñer en marcha a rodaxe da película “Flor de Santidad”, unha adaptación ao cine da novela homónima de D. Ramón María del Valle Inclán.
A grande atracción aqueles días non eran os actores, senón o propio director, o desaparecido Adolfo Marsillach. A sinopse do filme en poucas verbas dí mais ou menos:
“Na Galicia empobrecida e supersticiosa do século XIX, un peregrino misterioso mantén relacións con unha adolescente pastora nun establo,
O fanatismo desbordado po los aldeanos da lugar a que consideren o forasteiro un enviado do demo e danlle morte.”
No reparto como extras figuraron moitos homes e mulleres de Mondoñedo, que colaboraron en todo momento co que o director lles había solicitado, por suposto que habería multitude de anécdotas para exponer aquí, eu concretamente lémbrome de unha de un entrañable mindoniense de profesión barrendeiro municipal chamado agarimosamente Michelín (Miche), éste participaba como extra en un momento dado cando outro actor que encarnaba o papel de Bispo subía po lo cantón da Catedral acompañado de dous monaguillos, Miche tería que axeonllarse e bicarlle a man como sinal de respeto, o caso foi que unha das aficions de Miche era a de pasarse horas na taberna do fugitivo, e aquel día tamén había sido fiel os seus principios, e o seu estado non lle permitiu ver que se axeonllaba demasiado pronto e ainda non había cegado o Bispo a sua altura, lóxicamente deu cos seus fociños no chan. Por suposto que quero deixar claro o meu respeto a figura do simpático Miche, persoaxe que sempre será lembrado por os mindonienses da época.
Outra de aquelas anécdotas que eu lembro haber vivido, a pesar de que ainda era un neno, era que moitos dos membros da rodaxe portaban nas suas cadeiras unhas bolsas de cor vermello e nos apostábamos que se trataba das bolsas que almacenaban a sangue que logo verterían no filme cando os ferían. Esas bolsas o final resultaron ser aqueles famosos chubasqueiros que logo se farían populares e coñecidos como “canguros” e que ainda non habían cegado a nosa cidade.
A rodaxe nas paisaxes mindonienses extendeuse a lo menos por un par de semanas e como en tantas ocasións que Mondoñedo se vestía de gala para calquera evento, nesta ocasión non iba a ser menos e as xentes enchían a praza da Catedral para ver as distintas secuencias da rodaxe.
Lembro tamén que se achegou a nosa cidade un equipo de tve para facer unha reportaxe da rodaxe e a entrevista o director Adolfo Marsillacha a fixo aquel famoso periodista da época Tico Medina
Para rematar este relato direi que a película chegou un ano despois ao cine de Lourenzá (o mais cercano a Mondoñedo naquela época en que xa carecíamos de salas de cine), nin que decir ten que o cine estaba completamente ateigado de xente nas duas sesións en que a película se proxectou.
A ficha técnica do filme e a seguinte:
País: España
Duración: 102 minutos
Director: Adolfo Marsillach
Adaptación: Pedro Carvajal e Adolfo Marsillach
Reparto:
Eliana de Santis (Adega)
Ismael Merlo (Electus, o cego)
Tina Sainz (Rosalva)
Francisco Balcells (Peregrino)
Antonio Casas (Arcipreste)
Antonio Iranzo (Soldado veterano)
Andrés Mejuto (Hidalgo)
María Bassó (Juana)
Francisco Casares (Crego)
Teresa del Río (Señora do Pazo)
Charo Soriano (Sabela a galana)
Adolfo Marsillach (Conde de Añobre)
Félix Dauface (Muiñeiro)
Mari Paz Ballesteros (filla do muiñeiro)
Francisco Melgares (Soldado xove)
José Vivó (Cardenal)
Adriano Domínguez (Xeneral)
Juan Antonio Díaz (Soldado carlista)
Juan Jesús Valverde (Provisor)
Gerardo Malla (Don Jaime)
Adela Escartín (Venteira)
Amparo Clemente (Moza da venta)
Música: Carmelo A. Bernaola
Fotografía: Fernando Arribas
Decorados: Elisa Ruíz
Vestiario:
Carmen de la Casa y Vicente Fernández
Maquillaxe: Carlos Paradela
Director de Producción: Jaime Fernández Cid
Axudante da dirección: Miguel Angel Ribas
Sonorización: Estudios Exa
Producción: Avenir Films / Azor Films

Cartel do film, e os "actores" mindonienses nun descanso na rodaxe no Cantón da Catedral

No hay comentarios:

Publicar un comentario