miércoles, 8 de junio de 2011


A Pena que fala


Por onde ía o camiño vello cara á Estelo, en Zoñán, mesmo debaixo de onde lle din O Morollo, hai unha pena que fala, e que pode engulir mozos e nenos.
Cando andaban por alí os nenos coas vacas tiñan que ter moito coidado con esta pena porque se falaba e lle escoitaban dicir:
 

-Abréte pena e come este neno.
A pena abríase e engulía o neno para sempre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario