miércoles, 22 de junio de 2011

Lembranzas: "A dedo"


de Zalo García, el Martes, 21 de junio de 2011 

                                                        Non, ainda que o pareza po lo títalo do artigo, non vou a falar de política, nin outra clase de enchufismo, esta vez quero rememorar aqueles tempos en que para desplazarnos de un pobo a outro usábamos o tradicional método que nos lle chamábamos “facer dedo” ou que universalmente se coñece como auto-stop.
Seguro que moitos de vos tamén tendes experiencia neste tipo de transporte, e lémbraredes moitas e diversas anécdotas que vos ocurreron viaxando de ese xeito.
Po la miña banda, comencei a usar este método cando apenas contaba trece ou catorce anos, claro está que sempre nos poñíamos de dous en dous ou as veces de tres en tres. Era moito mais frecuente por suposto viaxar a dedo no verán, sobre todo para ir po las tardes a praia, ¿Quen non lembra calquera tarde de verán, a beirarrúa da avenida Eladio Lorenzo ateigada de rapaces en grupiños facendo dedo o mesmo tempo? e cando os últimos raios de sol se deixaban ver, a beirarrúa que se enchía de igual xeito era a da saída de Foz, donde agora están os últimos semáforos do pobo mariñán. Pero non só viaxábamos de este xeito para ir a praia, senón a todas as festas que se atopaban algo lonxe para ir a pé: Lourenzá, O Val (Sto Tomé, San Adriano, Canedo), Valadouro, Alfoz, Foz, Ribadeo, Barreiros, Abadín, Vilalba, etc…
Por suposto que hoxe en día non é tan sinxelo ver autostopistas na estrada, primeiro porque case todo o mundo ten coche propio, e os mais novos (como era o noso caso naquel tempo) hoxe teñen mais risco que daquela;  non vou decir que nos estivésemos mais seguros naqueles anos, pero a meirande parte da xente que nos “collía” era xente de Mondoñedo ou xente que nos coñecía.
Nín que decir ten que o primeiro que facíamos o chegar a festa donde íamos, era buscar alguén que nos pudese traer a volta, ainda que algunha vez xa tiven que voltar no coche de “San Fernando” a altas horas da madrugada e bastante lonxe da casa.
Outro dos lugares donde moitas veces nos baixábamos, era na Espiñeira, pois era frecuente, que moita xente que viaxaba cara a Ribadeo dende Foz nos deixase alí, e o tramo ata o seguinte cruce (o Pozomouro) o facíamos correndo para ir a buscar os coches que ián de Ribadeo a Mondoñedo po la outra estrada.
Entre os riscos que corríamos sen darnos conta o viaxar de ese xeito, non so se atopaba o de que podería collernos alguén que nos quixese facer mal, senón que tanto podías ir con un “Farruquito”, como con un Mr. Bean, o bo do caso é que nunca tivemos que lamentar ningún incidente negativo, e a verdade é que non nos parábamos a pensar en elo, pois o único que tíñamos era presa por chegar a praia ou a festa donde nos estaban agardando os que saíran antes que nos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario